viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísGalicia achégase aos 3.000 casos activos

Galicia achégase aos 3.000 casos activos

A Área Sanitaria de Vigo suma 93 novos casos activos en 24 horas.

Galicia suma 239 novos casos activos na comunidade con respecto á anterior xornada. En total, son 2917 positivos. Todas as áreas sanitarias aumenta os positivos, especialmente, a de Vigo, que suma 93.

Por Área Sanitarias:

Área da Coruña 669 (+26)

Área de Pontevedra 580 (+34)

Área de Vigo 572 (+93)

Área de Ourense 399 (+63)

Área de Santiago 275 (+28)

Área de Lugo 314 (+30)

Área de Ferrol 108 (+5)

En canto á presión hospitlaria, mantense en 12 as persoas que precisan de coidados intensivos en Galicai e é unha menos a que se atopa en camas convencionais ata un total de 46 pacientes ingresados.

O SERGAS notificou este martes o falecemento dunha muller de 88 anos que tiña patoloxías previas no CHUAC. Deste xeito, son xa 2.438 as persoas que perderon a vida con COVID-19 en Galicia dende o inicio da pandemia.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES