jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísGalicia acada os 50.000 casos activos de COVID-19

Galicia acada os 50.000 casos activos de COVID-19

Galicia sumou case 3.000 novos contaxios máis na última xornada, deixando en case 50.000 os casos activos totais. Ademais empeora a situación nos hospitais con 384 persoas ingresadas, ao aumentar en 24 as persoas hospitalizadas.

Na última xornada Galicia detectou 2.899 persoas contaxiadas. Deixando o total de casos activos en Galicia en 49.988 persoas.

Por áreas sanitarias, a de Vigo continúa á cabeza, aínda que baixou o seu nivel de positivos diario:

A Coruña: 9.065 (+419)

Vigo: 11.849 (+18)

Ourense: 5.421 (+301)

Santiago: 9.297 (+157)

Lugo: 4.677 (+347)

Pontevedra: 6.489 (+588)

Ferrol: 3.190 (+226)

Nos hospitais hai 24 ingresados máis, 1 na UCI e 23 en planta. En total, hai 384 persoas hospitalizadas en Galicia.

Con todo, o Sergas notificou catro decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 2.770 falecementos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES