jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo renuncia á presidencia da Xunta tras 13 anos no cargo

Feijóo renuncia á presidencia da Xunta tras 13 anos no cargo

Feijóo presentou esta mañá ante o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, a súa renuncia ao cargo de presidente da Xunta de Galicia. Emocionado no seu discurso agradeceulle a Galicia que lle ensinase que «gobernar consiste en dialogar».

 Alberto Núñez Feijóo:

«Foi unha honra» e «serei sempre un discípulo de Galicia» foron dúas das expresións de Feijóo na súa intervención de despedida como presidente de Galicia. Tivo palabras tamén para a súa familia e tivo que beber auga en varias ocasións para conter a emoción.

O presidente da Xunta, que entrará en funcións cando a súa renuncia se faga oficial ao publicarse no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial do Estado (BOE), reuniu o Consello da Xunta, nunha reunión extraordinaria, logo de entregar a súa dimisión ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices.

Na declaración institucional posterior, Feijóo despediuse dos galegos cunha mestura, dixo, de tristura e satisfacción. Afirmou que nunca gobernou con vaidade e que cada obra que impulsaba era de todos os galegos.

«Son e seguirei sendo sempre un discípulo de Galicia. Foi a miña mestra e dela aprendín que gobernar consiste en dialogar», subliñou durante a súa mensaxe de despedida no Pazo de Raxoi, onde o acompañaron os seus conselleiros e vicepresidentes.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES