jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo preside o derradeiro consello da Xunta con acordos sobre formación ou...

Feijóo preside o derradeiro consello da Xunta con acordos sobre formación ou incendios

O presidente en funcións de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, vén de despedirse do seu equipo de goberno. 

 

Núñez Feijóo vén de presidir o derradeiro consello da Xunta de Galicia con el na cadeira de presidencia. Unha reunión co seu equipo de goberno no que Feijóo chegou a acordos en materia de emprego, formación ou, entre outras cuestións, sobre prevención de incendios forestais. 

Despediuse deste xeito así Núñez Feijóo da Xunta de Galicia para volcarse, de cheo, na tarefa de liderar a oposición a no conxunto do Estado. Neste contexto, en declaracións aos medios, pediu estar atentos posto que proteme «non defraudar». 

Sobre a persoa que ocupará, a partir da semana que vén, a cadeira de presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o aínda presidente en funcións destacou o  coñecemento de Rueda sobre o gabinete no que leva traballando dende o ano 2009. Un feito que fai crer a Núñez Feijóo que acertará á hora de elixir ao seu novo equipo de goberno, segundo explicou. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES