jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo desvelará en maio cando deixará de presidir Galicia

Feijóo desvelará en maio cando deixará de presidir Galicia

O presidente da Xunta de Galicia e do PPdeG agardará a maio para anunciar a data na que deixará o goberno de Galicia. Feijóo considera que son compatibles os cargos de presidente autonómico e presidente dun partido pero «non por moito tempo» porque ambos requiren adicación completa.

Alberto Núñez Feijóo:

Será a partir de maio cando desvele cantas «semanas ou meses» tardará en deixar o Goberno de Galicia para dedicarse en exclusiva a liderar o principal partido da oposición tras relevar a Pablo Casado.

Núñez Feijóo anunciou que, a partir do venres, viaxará ás comunidades autónomas para facer campaña ante a súa elección como novo líder do PP os días 1 e 2 de abril no XX Congreso Nacional da formación en Sevilla.

Sobre este congreso, Feijóo dixo desexar máis candidaturas porque serían un signo de normalidade. Apuntou que, a diferenza de 2018, cando outros deron o paso, agora búscase fichar a un «político da casa, que non vai improvisar» e os presidentes autonómicos puxeron o foco en Galicia e danlle o seu aval.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES