martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísFalece un motorista no lugar do accidente do autobús do Lérez

Falece un motorista no lugar do accidente do autobús do Lérez

No mesmo lugar no que se produciu o accidente do autobús que caeu o Lérez en Noiteboa, faleceu este venres un motorista de 52 anos, en Cerdedo-Cotobade.

 Un veciño de Marín de 52 anos faleceu este venres tras sufrir un accidente de moto en Cerdedo-Cotobade. O accidente produciuse pouco despois das nove e media da mañá na estrada N-541 ao seu paso pola parroquia de Tenorio, nun tramo en curva no quilómetro 82,800.

O motorista circulaba en sentido Pontevedra-Ourense cando, segundo confirmou a Garda Civil, sufriu unha saída de vía.

O home foi trasladado en ambulancia con vida ao Hospital Montecelo, onde finalmente faleceu.

No sinistro do autobús que caeu ao Lérez faleceron 7 persoas e estanse a ingestigar as causas, que poden ser varias, ademais do mal tempo e a choiva desa noite.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES