martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísFalece un bebé de 5 meses por meninxite no Cunqueiro de Vigo

Falece un bebé de 5 meses por meninxite no Cunqueiro de Vigo

Un bebé de cinco meses no hospitlal Álvaro Cunqueiro de Vigo por padecer meninxite pneumocócica dous días despois de ingresar na UCI e despois de ir en dúas ocasións a urxencias de Pediatría.

Os feitos ocorreron a principios de decembro, cando a familia acudiu a urxencias en dúas ocasións debido a que o pequeno presentaba síntomas catarrais.

Días despois unha ambulancia tivo que trasladar o neno ao centro hospitalario logo de empeorar a súa situación. Alí diagnosticáronlle meninxite pneumocócica, que provocaría o falecemento do bebé despois de 48 horas ingresado.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) indicaron que o falecemento do bebé foi debido á meninxite que padecía, cunha evolución tórpida. «Trátase dunha bacteria moi agresiva, que provoca unha enfermidade moi grave, unha sepse, que ás veces pode ter un desenlace fatal, como neste caso», lamentaron.

«Os profesionais do servizo de urxencias pediátricas actuaron en todo momento correctamente e segundo os protocolos establecidos. En ningunha das súas dúas visitas a urxencias o bebé presentou signos ou datos a exploración que fixesen sospeitar desta enfermidade», engadiron.

A área Sanitaria de Vigo ofreceu as súas condolencias á familia e púxose a disposición para calquera aclaración ou dúbida que puidesen ter en relación coa asistencia prestada ao seu fillo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES