sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísEstabilizados os lumes de Ponteareas e Moaña tras achegarse ás casas

Estabilizados os lumes de Ponteareas e Moaña tras achegarse ás casas

O incendio declarado na parroquia moañesa de Meira este luns pola tarde atópase estabilizado tras ser declarado de nivel 2 pola súa proximidade ás casas. 

Na noite do luns o lume quedou xa estabilizado. Polo momento descoñécense as causas do incendio.

O lume, que ameazaba varias vivendas da zona, afectou a autovía do Morrazo, que tivo que ser cortado ao tráfico entre a ponte de Rande e Meira, cara ás 19.30 horas o tráfico quedou restablecido.

A Consellería decretou o nivel 2 pola proximidade das lapas aos núcleos da Moureira e da Ribeira, pero xa se desactivou porque non hai perigo. Polo momento leva calcinadas máis de 20 hectáreas.

A alcaldesa de Moaña declaraba ás 17 horas desta tarde que se vivía unha situación crítica, cos veciños intentando sufocar as lapas desde terra porque aínda non chegaran os medios. Tamén asegurou que non se produciran aínda desaloxamentos porque os habitantes estaban traballando na zona.

En Ponteareas, na parroquia de Guillade. 

Tras varias horas co lume preto das casas, a evolución favorable do lume levou á desactivación da situación 2 e a estabilización do incendio.

O lume iniciouse ás 16:33 horas e participan nas tarefas de extinción catro avións, sete helicópteros, tres motobombas, unha pa, seis brigadas e tres axentes.

A estimación de superficie queimada é arredor de 25 hectáreas en Guillade.

Outro incendio afectou a As Neves este luns, concretamente á parroquia de Batalláns. Comezou ás 15:52 horas. Traballaron na extinción un helicóptero, unha motobomba, dúas brigadas e un axente.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES