viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísDezaséis anos de cadea por tentar matar á muller cun coitelo

Dezaséis anos de cadea por tentar matar á muller cun coitelo

O home acusado de maltratar a muller e tentar matala cun coitelo enCoristanco en 2020 declarouse culpable e aceptou a pena de 16 anos e medio de cárcere.

Este home foi declarado culpable dun delito de homicidio en grao de tentativa, un de malos tratos habituais, outro continuado de inxurias, un delito continuado de ameazas e dúas de lesións.

Ademais dos 16 anos e medio de prisión acumulados por todos os delitos deberá efectuar o pagamento dunha indemnización superior aos 46.000 euros.

O acoitelamento produciuse o 13 de agosto de 2020 cando, segundo indica a Fiscalía, o procesado colleu un coitelo de cociña de 10,5 centímetros de folla e dirixiuse cara á súa parella, que berrou: «Que trae un coitelo, que me vai matar».

A nai da vítima e unha veciña, alertadas polos berros, acudíronlle pero «sen poder impedir que o procesado lle asestase á súa esposa unha puñalada no peito no lado esquerdo coa intención de acabar coa súa vida».

O fiscal sostén que o ataque foi executado «con tal violencia» que deu lugar a que partise o coitelo, quedando o mango na man do agresor, quen «iniciou o movemento para dar unha segunda puñalada» pero, ao verse así imposibilitado a seguir agredindo coa a muller, fuxiu do lugar.

Non era a primeira vez que agredía á súa muller, este home xa a golpeara e ameazara en varias ocasións.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES