jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísDetido un home polo atraco frustrado dun banco en Oia

Detido un home polo atraco frustrado dun banco en Oia

Un home foi detido este venres pola mañá tras intentar atracar unha sucursal bancaria no concello de Oia e tentar fuxir da Guardia Civil.

Aconteceu a primeira hora da mañá deste venres. Un home encapuchado e supostamente armado cunha pistola tentou entrar na entidade coa intención de atracala.

Varios clientes que agardaban na porta decatáronse da súa intención e conseguiron avisar a Garda Civil. Este puido ser o motivo polo que o home se arrepentiu e decidiu fuxir. Fíxoo nun coche en dirección á Guarda, pero os axentes despregados nun dispositivo da Garda Civil interceptárono a un quilómetro de distancia da sucursal bancaria.

O home quedou detido por intento de atraco. Os axentes procederon ao rexistro do seu vehículo e investigan se levaba unha arma real ou de simulación.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES