sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO País"Descenden os casos en Galicia, pero está lonxe do obxectivo"

«Descenden os casos en Galicia, pero está lonxe do obxectivo»

Continúan as medidas de máxima prevención en toda a comunidade posto que «segue preocupando as unidades de críticos», segundo Comesaña.


 

Así o vén de anunciar o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en conferencia de prensa na que dou conta dos acordos que se tomaron na reunión do Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia da COVID-19. Comesaña explica que Galicia baixa no número de positivos activos, «unha tendencia claramente descendente, pero é insuficiente». Neste senso, o conselleiro di que «as medidas funcionan, pero hai que mantelas para afianzar os bos datos». Con todo, insistiu Comesaña en que «seguen preocupando as Unidades de Coidados Intensivos».

O titular falou tamén da recollida de mostras de saliva nas farmacias da provincia de Pontevedra, que botou a andar o martes nove de febreiro e que durará, cando menos, dous meses. Calificona de «boa acollida» e, precisamente, por iso, posponse a extensión ás demais provincias de Galicia co fin de axilizar a achega dos kits ás boticas. A directora de Saúde Pública, Carmen Durán, di que grazas a estos cribados nas farmacias estanse xa dectando positivos en COVID-19. En canto ás cidades galegas, é a de Vigo a que rexistra unha mellor situación epidemiolóxica, segundo dixo a directora de Saúde Pública, Carmén Durán.

O xerente do SERGAS, José Flores, di que no plan «de hospital único de Galicia» trasladáronse 13 pacientes da Área Sanitaria de Pontevedra cara a de Vigo. Tamén ocorre dende a área de Ferrol a de Lugo con 20 pacientes.

O doutor Vázquez Lima, un dos membros do Comité Clínico, foi claro na conferencia de prensa de Sanidade: «a única cor que temos son os pacientes» e agradeceu á poboación que cumpre coas medidas e colaboran cos sanitarios e sanitarias» e ás que non o fan, «hai que sinalalos e sancionalos», segundo dixo o doutor. Tanto o doutor Vázquez Lima como o conselleiro pregaron á poboación que «cando sexan citados a un cribado, acudan» posto que «é esencial» para frear o avance da pandemia.

Ao termo da conferencia de prensa, o conselleiro de Sanidade volveu a pedir unha Lei de Saúde para evitar decisións como a dos tribunais vascos, que obrigan a reapertura da hostalería.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES