viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísDescende a presión hospitalaria nunha xornada con 5 mortes

Descende a presión hospitalaria nunha xornada con 5 mortes

Son 19 persoas menos hospitalizadas en Galicia por mor da COVID, segundo o SERGAS, que vén de notificar 5 mortes en 48 horas.

 

Arestora, hai 197 galegos e galegas ingresados en camas convencionais coa COVID-19 e 55, na UCI. Deste xeito, descende a presión nos hospitais da comunidade con 17 pacientes menos en planta e dous menos nas unidades de críticos da comunidade.Os casos activos positivos diminúe ata os 2575 , once menos que onte, segundo o SERGAS. 

As áreas sanitarias que aumenta o número de positivos activos son a de Vigo, con tres máis, e a de Ourense, con 7 máis.

  • Área Sanitaria de Vigo: 487 (+3)
  • Área Sanitaria de Sanitago: 275 (-4)
  • Área Sanitaria de Pontevedra: 204 (-8)
  • Área Sanitaria de Ourense: 162(+7)
  • Área Sanitaria de Lugo: 210 (-5)
  • Área Sanitaria de Ferrol: 220 (-3)
  • Área Sanitaria da Coruña: 1017 (-11)

A Área Sanitaria da Coruña é a que ren máis pacientes COVID hospitalizados con 95 persoas ingresadas. Delas, 20 en UCI.

5 falecementos nas últimas 48 horas

O SERGAS vén de notificar o falecemento de 5 persoas entre o 17 e o 18 de marzo. Trátase dunha muller de 89 anos no CHUVI, de un home de 82 anos no CHUAC,  outro home de 73 anos no CHUS no primeiro día e no segundo, unha muller de 78 anos no CHUAC e outra muller no HULA de 79 anos. Todas elas presentaban patoloxías previas, segundo Sanidade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES