viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísDebate do Estado de Autonomía co recordo de Valeriano Martínez

Debate do Estado de Autonomía co recordo de Valeriano Martínez

Primeiras palabras moi emotivas do presidente da Xunta no Debate do Estado de Autonomía, este mércores no Hórreo, en agradecemento a Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda falecido a semana pasada de xeito repentino: «Adicou toda a súa vida profesional a Galicia».

O presidente da Xunta lembra a Valeriano Martínez:

Décimo debate do Estado de Autonomía para Núñez Feijóo.  O seu descurso, que arrancou cunha lembranza para Valeriano Martínez, céntrase na sanidade e a reactivación económica. Feijóo avanzou no seu Twitter que anunciará a aprobación dos orzamentos a próxima semana, con máis gasto social e menos impostos. E tamén abordará melloras na sanidade, nas residencias de maiores e na educación. Falará de medidas para manter o emprego e loitar contra a crise industrial e tamén explicará as propostas de Galicia para acceder aos fondos europeos.

Despois do discurso de Feijóo, a sesión retómase pola tarde coa intervención dos grupos. A líder do BNG falará dos efectos das políticas do PP e pedirá reforzar o autogoberno e os servizos públicos cun novo modelo de financiamento. Ana Pontón detallará as propostas do Bloque para abrir un novo tempo en Galicia, que despois presentarán nas propostas de resolución.

Despois será a quenda do secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero. Avanzou que se mostrarán como unha alternativa nítida ao Partido Popular e que tenderán a man para corrixir as carencias da Xunta, asegurou. Di que é tempo de marcar as pautas da recuperación en Galicia.

O de hoxe é o primeiro debate do estado de autonomía desta lexislatura, o ano pasado non houbo por causa da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES