jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísGalicia suma 1.146 novos casos activos nun día

Galicia suma 1.146 novos casos activos nun día

Arestora son 15.109 os casos activos en COVID-19 en Galicia, isto é, 1.146 máis ca onte.

Segundo a última actualización de Sanidade, un total de 15.109 galegos e galegas están a pasar a enfermidade da COVID-19. Son 1.146 máis que na anterior xornada.

Todas as áreas sanitarias aumentan no número de contaxios, especialmente a de Vigo que suma 379 en 24 horas e, dende a actalización do xoves do SERGAS pasa xa dos 3.000 casos activos:

Vigo: 3.544 (+379)

Pontevedra: 2.615 (+130)

A Coruña: 2.591 (+220)

Ourense: 2.341 (+56)

Santiago: 1.883 (+162)

Lugo: 1.498 (+134)

Ferrol: 637 (+65)

Repunta a presión hospitalaria por mor do virus nas camas convencionais ata as 189 en planta, 36 máis ca onte, e nas UCI da comunidade son 23 pacientes os que están ingresados, un máis ca onte.

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES