viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísContinúa o aumento de casos activos en Galicia ata máis de 1500

Continúa o aumento de casos activos en Galicia ata máis de 1500

1579 galegos e galegas teñen a COVID-19 arestora, segundo o SERGAS, 72 máis que na anterior xornada.

Continúa o aumento de casos activos na comunidade. Segundo a última actualización de Sanidade, son 72 galegos e galegas máis que arestora teñen a COVID-19 ata un total de 1579. Todas as áreas sanitarias aumentan os casos activos e é a de Vigo a que máis o fai ao sumar 37.

Cómpre destacar que, nas últimas horas, ascenderon en Galicia os positivos por mor do gromo das viaxes de fin de curso ás Baleares e que tamén afecta a outras comunidades do Estado.

Por áreas sanitarias:

• A Coruña: 499 (+8)

• Pontevedra: 238 (+12)

• Vigo: 256 (+37)

• Lugo: 193 (+4)

• Ourense: 170 (+5)

• Santiago: 153 (+5)

• Ferrol: 70 (+1)

En canto á presión hospitalaria, son 40 pacientes nas camas convencionais, dúas máis que onte, e nos críticos son 12 persoas ingresadas por mor da COVID-19, dous menos que na xornada anterior.

Falece un home de 47 anos con COVID-19

O SERGAS notifica o falecemento dun home de 47 anos no CHUAC. O home, que perdía a vida con COVID-19 o 27 de xuño, presentaba patoloxías previas. Así, o número de persoas que perderon a vida co virus dende o inicio da pandemia en Galicia ascende a 2436.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES