viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísConcentracións pola morte de Jéssica a mans do seu "acosador"

Concentracións pola morte de Jéssica a mans do seu «acosador»

Mobilizacións en boa parte das cidades de toda Galicia, hoxe ás 20.00 horas, para mostrar a repulsa pola morte violenta de Jéssica Méndez, de 29 anos, asasinada supostamente por José Eirín, de 41, finxindo un accidente de tráfico ao arremeter o seu coche contra o dela. El acosábaa. Eran veciños de Barro.

Colectivos feministas organizan, hoxe ás 20.00 horas,  protestas nas seguintes cidades: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Vigo e Vilagarcía, e tamén en moitas vilas como A Guarda, As Pontes, Ames, Betanzos, Carballo, Carnota, Catoira, Moaña, O Porriño, e Poio.

O falso accidente produciuse o xoves pasado ás nove e media, en Barro,  na N-550, á altura do lugar de Porráns, nun cruzamento.Jéssica estaba parada nun sinal de stop, sufriu o impacto dun turismo que circulaba a grande velocidade. Polo golpe co coceh a moza sufriu feridas graves e quedou en estado crítico.

Trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro, morreu  ao día seguinte. 

Ese mesmo día foi detido o presunto autor do crime, un home que nunca foi a súa parella pero que aparentemente estaba obsesionado, ata o punto de que a moza tivo que cambiar de teléfono e tomar outras medidas.

O detido, José Eirín, de 41 anos,  xa fora denunciado por pinchar as rodas do coche do pai da vítima. As casas familiares dun e doutro están a pouca distancia en Barro.

O Xulgado de Instrución número 1 de Caldas de Reis decretou este luns prisión provisional comunicada e sen fianza para o home, tras prestar esta declaración no xulgado.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia indicou que está pendente a cualificación, é dicir, aclarar se se trata dun homicidio ou dun asasinato.

Os cargos especificaranse ao longo da fase de investigación.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES