viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísConcentracións xeralizadas polos últimos asasinatos machistas

Concentracións xeralizadas polos últimos asasinatos machistas

En vilas e cidades están convocadas para hoxe concentracións feministas de urxencia polos últimos asasinatos machistas no noso pais; tras o achado do corpo da pequena Olivia no mar en Tenerife e o asasinato dunha moza de 17 anos en Sevilla.

Edil de EU-Son no Porriño, Patricia Sío:

Protesta posta en marcha polo movemento feminista  tras a localización no fondo do mar da menor de seis anos secuestrada polo seu pai e de coñecerse o asasinato dunha menor de 17 anos en Martín de la Jara (Sevilla) a mans da súa exparella.

«Imos tirar», «Nin unha menos», «Se nos tocan a unha, tócannos a todas» son os lemas desta «convocatoria de urxencia». Serán hoxe a distintas horas. As do movemento feminista serán ás 22.00 horas pero haberá outras a distintas horas.

Repunta da violencia machista. A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirma que foron violencia machista o asasinato de nove mulleres e un menor, máis da metade de todos os asasinatos perpetrados no 2021.

No que vai de ano, 17 mulleres e dous menores foron asasinados en crimes de xénero. Son 1.095 as mulleres vítimas mortais da violencia machista no ámbito da parella desde 2003 e 39 os menores asasinados polos seus pais ou polas parellas ou exparellas das súas nais desde 2013. Nesas cifras aínda non foron incluídas, que tamén o serán,a pequena Olivia nin a menor de 17 anos asasinada en Sevilla, Rocío Caíz Pozo, nai dun bebé.

Unha das moita concentracións de hoxe será a do Porriño, convocada para as 20.00 horas. En lugar de ser minuto de silencio, desta vez vai ser todo o contrario, con caceroladas e «moito ruído» para para «esta barbarie», adiantou Sío.

Lembremos que o número de teléfono 016 atende todas as vítimas de violencia machista as 24 horas do día e en 52 idiomas diferentes, do mesmo xeito que o correo 016-online@igualdad.gob.es. Tamén se presta atención mediante WhatsApp a través do número 600000016.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES