viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísChegan as tesoiras rotas á Praza do Obradoiro

Chegan as tesoiras rotas á Praza do Obradoiro

O sector da imaxe persoal e salóns de peiteado manifestouse na capital galega para reclamar que lle devolvan ao réxime do IVE do 10%.

A manifestación do sector da imaxe persoal e salóns de peiteado na Praza do Obadoiro de Santiago de Compostela ao inicio da semana pon fin ao ciclo que iniiaron en agosto de 2020 en Valencia no que reivindicaron a devolución do IVE reducido do 10%.

A protesta na capital galega comezou na sede da delegación de Faenda. Alí, representantes do sector entregaron unha carta dixida a minsitra, María Jesús Montero, «para reclamar a súa implicación co fin de recuperar o IVE reducido», segundo apuntan.

Profesionais de toda Galicia concentráronse para «transimitir a mensaxe da rebelión das tesoiras rotas, estendida xa por toda España e que prepara un outono quente para conseguir o que é de lei», segundo explica para os informativos de Si Radio o coordinador do sur de Pontevedra da plataforma de imaxe persoal Creer en nosotros, Marcos Valverde. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES