sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísCazado a 236 km/h un espectador do Rally de Ourense

Cazado a 236 km/h un espectador do Rally de Ourense

A Garda Civil de Ourense «pillou» a un condutor cando circulaba a 236 quilómetros por hora co seu coche pola autovía AG-31 tras presenciar o Rally de Ourense.

O Instituto Armado explica que a pasada fin de semana con motivo da celebración da proba deportiva «como nota negativa» a «actuación dun espectador do Rally que, «contaxiado pola velocidade dos pilotos», ao regresar de ver unha proba foi detectado circulando a 236 km/h na autovía AG-31″.

Consecuentemente, instruíronselle dilixencias en calidade de investigado pola posible comisión dun delito contra a seguridade viaria, tipificado no artigo 379 do Código Penal que considera o feito como delito e é castigado coa pena de prisión de tres a seis meses ou á de multa de seis a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e, en calquera caso, á de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e até catro anos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES