viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísCae unha ponte na A-6 en Pedrafita sen vítimas ao estar en...

Cae unha ponte na A-6 en Pedrafita sen vítimas ao estar en obras

Desplómase unha ponte na A-6, en Pedrafita do Cebreiro, sen que se produciran feridos ao estar pechada ao tráfico por estar en obras desde fai case un ano. Foron 50 metros de viaduto os que se foron abaixo. A alcaldesa da localidade de Vega de Valcarce confirmou que o deterioro da estrutura era moi grave e a súa reparación conlevaba riscos.

Denominada a ponte dos Castros, situada na autovía A-6, a carón de Pedrafita do Cebreiro, caeu este martes á mañá sen que se producisen feridos. Ocorreu á altura do quilómetro 431, en sentido A Coruña.

O viaduto levaba en obras dende hai aproximadamente un ano, debido aos danos estuturais detectados na construción.

Precisamante por causa desas obras non circulaban vehículos pola ponte, e concentrábanse nos dous carrís que habitualmente se empregan en sentido Madrid.

O desprendemento afectou un tramo duns 50 metros entre dous alicerces do viaduto.

A alcaldesa de Vega de Valcarce, á que pertence O Castro, María Luisa González,  lembrou que «xa se sabía, polos técnicos, que os traballos de reparación neste viaduto non ían resultar fáciles, como así acabou hoxe a historia, debido á súa grave deterioración xa que soporta moita circulación e por mor da gran cantidade de fundentes que é preciso utilizar no inverno a causa do mal tempo».

O tráfico desvías agora pola antiga N-6.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES