viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísBaixan os casos activos en COVID en Galicia ata os 3.099

Baixan os casos activos en COVID en Galicia ata os 3.099

Baixa tamén o número de persoas ingresadas en camas convencionais mais aumenta nun paciente os que están nas UCI.

Galicia rexistra, segundo a última actualización de Sanidade, 3.099 casos activos en COVID-19. Isto é, 14 menos que onte. Dende o 25 de abril a comunidade sitúase por encima dos 3.000.

En canto á presión hospitalaria, son cinco pacientes menos en camas convencionais mais aumenta nun nas UCI. Así, un total de 210 galegos e galegas está ingresados por mor da COVID-19 dos cales 50 atópanse nas unidades de críticos.

A Área Sanitaria de Vigo é a que continúa liderando o número de casos activos das sete que conforman o Servizo Galego de Saúde con 939, cinco máis que na xornada anterior. Séguella a da Coruña con 721, 23 menos que onte.

Casos activos por áreas santiarias:

  • Área Sanitaria de Vigo: 939 (+5)
  • Área Sanitaria da Coruña e Cee: 721 (-23)
  • Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés: 477 (+3)
  • Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza: 354 (-4)
  • Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: 267 (-4)
  • Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos: 239 (+3)
  • Área Sanitaria de Ferrol: 102 (+5)

Amáis, o SERGAS notifica o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticada en COVID-19. Trátase dun home de 93 anos no CHUVI o día 30 de abril e dunha muller de 76 anos no CHUAC. Ambos presentaban pataoloxías previas.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES