viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísBaixa o paro en abril en case 10.000 persoas en Galicia

Baixa o paro en abril en case 10.000 persoas en Galicia

Un 5,5% baixou o paro en Galicia en abril, ao saír das listas do desempreto 9.941 galegas e galegos . A baixada é moi superior a da media española, que foi do 1%. En Galicia hai agora 170.778 na listaxe dos servizos públicos de desemprego.

A Semana Santa parece ser a principal causa da baixada do paro en Galicia. A progresiva redución das restricións e a mobilidade interna durante a Semana Santa, contribuíron ao alivio dun dos sectores máis castigados pola pandemia.

Por provincias:

Pontevedra lidera a caída en termos absolutos, con 4.070 desempregados menos (unha redución do 5,8%) e queda con 66.120 desempregados. No caso da Coruña, hai 68.535 persoas que buscan traballo pero non o atopan: son 68.535 parados, un 5,04% menos que en marzo. A provincia de Lugo é a que rexistrou un maior descenso do paro en termos relativos, cunha caída do 6%, ao restar 1.086 persoas e quedar en 17.002 desempregados. Por último, en Ourense son 19.121 parados, un 5,65% menos que no mes anterior.

Por xénero e sector:

Dos case 170.800 desempregados de Galicia, 98.807 son mulleres e 71.917, homes. Hai 6.892 menores de 25 anos que non atopan traballo. A maior parte dos parados (pouco máis de 120.000), corresponden a persoas que traballaban no sector servizos, aínda que son 6.800 menos que no mes de marzo.

Pola súa parte, no conxunto de España foron 39.012 as persoas que deixaron de estar anotadas no antigo Inem na procura dun posto de traballo.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES