viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísAumentan a 225 os positivos COVID diarios detectados en Galicia

Aumentan a 225 os positivos COVID diarios detectados en Galicia

Galicia detectou na última xornada 225 novos contaxiados de COVID-19, despois de moitas xornadas por debaixo dos 200 novos casos, elevando a 3.072 os casos activos. Estabilidade nos hospitais, con 48 infectados en UCI.

Galicia ten hoxe 3.072 casos activos de COVID-19, once máis que onte. A causa é o gran número de novos contaxiados descubertos na última xornada; un total de 225, polo que as altas non puideron evitar que a cifra total de contaxiados aumentase.

Por áreas sanitarias, Vigo segue estando á cabeza, aínda que baixou os seus positivos:

Vigo: 897 (-16)

A Coruña: 702 (+17)

Pontevedra: 488 (+15)

Santiago: 395 (+9)

Ourense: 271 (-8)

Lugo: 226 (-7)

Ferrol: 93 (+1)

Nos hospitais

En planta hai en Galicia 149 persoas ingresadas, tres menos ca onte, a cifra máis baixa dende o 11 de abril). Na UCI segue habendo 48 persoas con COVID ingresadas.

Na última xornada o Sergas notificou o deceso dunha muller de 93 anos por coronavirus, o que eleva as mortes pola pandemia en Galicia a pandemia a 2.392 persoas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES