jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísAudasa exenta de devolver as peaxes da ampliación de Rande

Audasa exenta de devolver as peaxes da ampliación de Rande

Audasa ten éxito co seu recurso e non terá que devolverlle aos usuarios da AP-9 as peaxes que lles cobrou durante as obras de ampliación da ponte de Rande, a pesar dos atascos e prexuízos causados.

A sección primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra absolve a concesionari da autopista do Atlántico e nega que incorrese nunha práctica abusiva por cobrar íntegras as peaxes da autoestrada entre febreiro de 2015 e maio de 2018.

O ditame anula a sentenza do pasado mes de febreiro emitido polo Xulgado do Mercantil número 1 que condenaba a empresa a restituírlles o importe cobrado de xeito «abusivo» ás persoas afectadas.

O tribunal provincial entende que non poden incluírse no concepto de «prácticas abusivas» as incidencias relacionadas co cumprimento do contrato de uso da autoestrada, e considera que non existe unha relación directa entre o pago da peaxe e as condicións nas que se presta o servizo.

 Os condutores que contaban con ser indemnizados, non o serán finalmente. A sentenza exculpa a Audasa de pagarlle unha indemnización aos condutores que sufriron atrasos ou prexuízos por mor dos atascos e retencións rexistrados durante as obras.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES