viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísÁs portas da Semana Santa, soben os casos de COVID-19

Ás portas da Semana Santa, soben os casos de COVID-19

A subida é leve pero alértanos do que pode vir nas próximas xornadas se non se toman medidas a tempo para cambiar a tendencia. Galicia ten hoxe 9 casos máis de coronavirus que onte; a cifra é de 2.490 casos activos e aínda non se reflicten os efectos da ponte de San Xosé.

A caída dos casos activos leva xornadas sendo máis lenta e tamén irregular. Despois de seis días de descensos, novo repunte nesta terceira vaga. Detectáronse 90 caoss novos.

Catro das sete áreas sanitarias galegas experimentaron subidas de casos activos:

A Coruña: 955 (-4)

Vigo: 501 (+1)

Pontevedra: 215 (+7)

Santiago: 276 (+5)

Lugo: 188 (-5)

Ferrol: 195 (-2)

Ourense: 160 (+7)

Nos  hospitais os ingresados continúan baixando, pero non son datos tranquilizadores, xa que o repunte dos contaxios tarda máis dunha semana en verse reflectido nas hospitalizacións. O número total de persoas ingresadas nos hospitais galegos por mor do coronavirus baixa ata as 249, a menor cifra dende o 12 de outubro. Delas, 203 están en planta (-12) e 46 nas UCI (-3).

As persoas mortas en Galicia por coronavirus ascende a  2.321 no que vai de pandemia, ao notificar un novo falecemento o Sergas na última xornada.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES