sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísAs farmacias galegas dispensarán pastilleiros personalizados

As farmacias galegas dispensarán pastilleiros personalizados

As farmacias galegas ofrecen, de xeito regulado, un sistema de dosificación de medicamentos no que o propio farmacéutico se encarga de preparar individualmente as pastillas e pílulas de cada toma para axudar aos pacientes a non esquecerse de tomar correctamente a súa medicación.

Nun pastilleiro distribuen as medicinas, tal e como as prescribe o médico, e revisan caducidades, duplicidades, incompatibilidades. É un sistema pensado para evitar esquecementos e dobres tomas.

Tamén é recomendable para viaxes e desprazamentos: en lugar de levar seis ou sete caixas, hai que levar só un envase. Está demostrado que este sistema mellora a adherencia e eficacia dos tratamentos e a saúde dos pacientes, que poden solicitalo na súa farmacia.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES