jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísAs escolas infantís privadas poden solicitar axudas para ser de balde

As escolas infantís privadas poden solicitar axudas para ser de balde

A Consellería de Política Social e Xuventude abrirá este xoves o prazo dun mes para que as organizacións privadas que rexentan escolas infantís de 0 a 3 anos soliciten a axuda para poder establecer a gratuidade do servizo para o curso 2022/23. Non son subvencionables nin o comedor nin as actividades extra á atención aducativa.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a orde desta convocatoria que foi aprobada na reunión do Consello da Xunta da pasada semana. Contará cun orzamento total de 41.470.940 euros –aínda que poderá ser ampliado– que permitirá cubrir a atención dos nenos entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023.

Segundo o texto recolleito no DOG, poderán optar a esta subvención aquelas gardarías privadas que desenvolvan a súa actividade na Comunidade galega e que acrediten que os nenos que asisten cumpren co calendario de vacinación infantil galego, entre outros requisitos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES