viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísAo cárcere o segundo detido polo acoitelamento en Santiago

Ao cárcere o segundo detido polo acoitelamento en Santiago

O segundo detido na pelexa que o luns, 2de xaneiro, rematou coa morte dun home de 31 anos acoitelado ás portas dunha discoteca de Santiago ingresa tamén no carcere.

O deitdo chegou aos xulgados sobre as dez e media da mañá.

A xuíza tomoulle declaración, unha semana despois da liorta, unha vez que o arrestado recibiu a alta hospitalaria e xa está en prisión.

Está investigado por presunto delito de homicidio, mesmos cargos que pesan sobre o seu irmán, ingresado xa no cárcere de Teixeiro.

Pendente de pasar polo xulgado de Compostela está tamén o  detido por un segundo acoitelamente que sucedeu de madrugada este domingo a pouco máis de 300 metros de onde ocorrera o anterior.

A policía descarta que os dous sucesos teñan relación pero existe preocupación entre a cidadanía e as forzas de seguridade intensifican a vixiancia na zona.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES