viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísAberto o prazo para solicitar praza nas escolas infantís galegas

Aberto o prazo para solicitar praza nas escolas infantís galegas

Ata o 5 de abril xa está aberto o prazo en Galicia para solicitar praza na rede pública de escolas infantís.

 En Galicia, por segundo ano, son gratuítas todas as escolas infantís, independentemente da súa titularidade, durante oito horas ao día e once meses ao ano.

Unha medida que beneficia a 31.000 familias, que aforran arredor de 2.000 euros ao ano e na que a Xunta inviste máis de 55 millóns de euros anuais.

A conselleira de Política Social, Fabiola García anunciou este xoves a apertura, o vindeiro curso, da escola infantil pública autonómica da Cidade da Xustiza, en Vigo, que ofrecerá 40 prazas novas de atención para os traballadores deste centro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES