viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta solicita ao Goberno central unha previsión sobre a chegada de...

A Xunta solicita ao Goberno central unha previsión sobre a chegada de menores de Ucraína

Galicia trasladou a súa vontade de compartir os datos dos que dispón sobre os menores deste país que xa conten con algunha medida de protección na Comunidade.

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, solicitou ao Goberno central que facilite coa maior axilidade posible información sobre as previsións de chegada de menores do sistema de protección de Ucraína a España.

Jacobo Rey fixo esta demanda nunha nova reunión da Comisión Interautonómica de Infancia e Familia sobre a situación dos menores procedentes de Ucraína, para que os gobernos autonómicos poidan realizar unha planificación que permita facer o mellor acollemento posible.

Así mesmo, trasladou a disposición de Galicia de compartir os datos dos que dispón sobre os menores deste país que xa conten con algunha medida de protección na Comunidade.

Neste sentido, o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e as Comunidades Autónomas acordaron seguir traballando en compartir esta información para favorecer a detección de posibles casos de desprotección e mellorar a atención que se lle está a prestar ás nenas e nenos vulnerables que están a sufrir as consecuencias deste conflito bélico.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES