jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta mellora polígonos empresariais en 9 concellos ourensáns

A Xunta mellora polígonos empresariais en 9 concellos ourensáns

A Xunta de Galicia vai mobilizar preto de 1,5 millóns de euros en nove concellos da provincia de Ourense para que poidan mellorar as infraestruturas e servizos dos seus polígonos empresariais e implantar viveiros industriais.

O conselleiro de Industria, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe o parque empresarial do Pereiro de Aguiar con motivo do inicio, este mesmo mes, das obras de mellora dun vial de acceso. Tal e como sinalou Conde, esta actuación “facilitará a accesibilidade do polígono, a mobilidade, e que siga tendo mellores servizos e mellores prestacións para as máis de 100 empresas e 2.000 empregados que diariamente desenvolven a súa actividade aquí”. En concreto, está previsto ampliar a calzada, construír beirarrúas, así como instalar sinalización, rede de pluviais e iluminación co obxectivo de mellorar a mobilidade e seguridade vial.

Trátase dunha actuación que se enmarca na liña de apoios que o Goberno galego destina este ano aos concellos para mellorar o equipamento dos seus polígonos e para implantar viveiros de empresas. En total, son 4,75M€ de orzamento para toda Galicia que van mobilizar 6,6M€ e beneficiar a 43 municipios.

No caso da provincia de Ourense, ademais desta actuación no Pereiro de Aguiar, son seis os concellos beneficiados con axudas para a mellora de infraestruturas nos polígonos empresariais, que suman un investimento público-privado que supera os 700.000 euros. Trátase de Celanova, Cortegada, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Vilamarín e Vilar de Santos. Ademais, apóianse dous viveiros industriais na Veiga e no Carballiño cun investimento de 740.000 euros.

Conde apuntou que estas dúas liñas de apoio están pensadas para fortalecer o tecido empresarial dos concellos galegos desde o punto de vista da competitividade e as infraestruturas. Son apoios, abondou, que, ademais de favorecer a creación de novas empresas buscan ser unha chamada a novos investimentos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES