viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta convoca 106 prazas de médico da especialidade de medicina familiar

A Xunta convoca 106 prazas de médico da especialidade de medicina familiar

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destaca que o proceso de selección desta OPE se fará a través do sistema de concurso de méritos.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe en rolda de prensa a aprobación da convocatoria da Oferta Pública de Emprego con 106 prazas de médico da especialidade de medicina familiar, co obxectivo de paliar o déficit de médicos na atención primaria.

Logo de explicar que o proceso de selección desta OPE farase a través do sistema de concurso de méritos, Feijóo sinalou que Galicia será a primeira Comunidade en adoptar este sistema selectivo para captar médicos deste nivel asistencial.

Canto ás características deste proceso, explicou que poderán participar os MIR que estean no último ano de formación na especialidade de medicina familiar e que estas novas prazas serán de prestación de servizos mixta, dado que combinarán a atención tanto nos centros de saúde como nos puntos de atención continuada.

Durante a súa intervención, Feijóo subliñou que a Xunta xa lle trasladou ao Goberno central 20 propostas para atopar “fórmulas para aliviar a situación que se está producindo e buscar solucións ante a falta de médicos”. Entre elas destacan establecer un mínimo de profesionais de centro para ser acreditado para a formación de residentes ou facilitar que os residentes de 4º ano poidan ser autónomos nunha consulta.

Ademais, e pese a que non houbo resposta, Feijóo lembrou tamén que se lle remitiu ao Ministerio a documentación precisa para solicitar a acreditación de 64 novas prazas de formación en medicina de familia, o que suporía chegar as 206. Tamén reiterou a petición dunha convocatoria extraordinaria de prazas MIR e a creación dunha especialidade para o persoal de medicina de Urxencias. 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES