jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísA variante kraken da COVID circula en Galicia

A variante kraken da COVID circula en Galicia

Os catro primeiros casos foron localizados nas áreas de Pontevedra e da Coruña, dous pacientes en cada unha delas. Non se prevé que sexa máis grave que outras variantes xa coñecidas.

Galicia detectou catro casos de variante da COVID-19 coñecida como kraken, dous pacientes da área de Pontevedra e outros dous localizados na área da Coruña.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta aclara que: «Coa información epidemiolóxica dispoñible, non se prevé que esta nova variante teña consecuencias máis graves ca as variantes circulantes ata o momento».

Con todo, Sanidade fai un chamamento á poboación para que acuda aos centros para completar a súa vacinación contra a COVID-19.

Para os que teñen pendentes a cuarta dose, existen 29.000 citas semanais dispoñibles para adultos e unhas 1.100 para nenos.

Pode usarse o sistema de autocita.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES