sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísA vacinación infantil iniciarase o 13 de decembro en Galicia

A vacinación infantil iniciarase o 13 de decembro en Galicia

Galicia empezará a vacinar os nenos de 5 a 11 anos a partir do 13 de decembro e o 19 a menores de 60 anos coa terceira dose. Ademais esixirá certificado covid en lugares pechados como ximnasios, hospitais de día, unidades de diálise ou residencias de maiores.

As doses para a poboación infantil chegarán a España o 13 de decembro. A Xunta conta con recibir entre 55.000 e 58.000 doses para o grupo de nenos de entre 5 e 11 anos, un grupo que en Galicia ascende a unhas 130.000 persoas. Así o anunciou Feijóo tars o Consello da Xunta este xoves.

Actualmente, dos 1.300 nenos contaxiados, 1.000 son menores de 12 anos, é dicir, están sen vacinar. «Nos centros de educación primaria é onde temos o maior problema», dixo, de aí que amosase a súa preocupación por tratar de iniciar canto antes a vacinación deste grupo.

A ampliación da esixencia do certificado covid abordarao o subcomité clínico este venres e  precisa da autorización previa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Todos os espazos pechados con posibilidade de contaxio, nomeadamente ximnasios, residencias de maiores e lugares con persoas inmunodeprimidas como hospitais de día onco-hematolóxicos e unidades de diálise.

Feijóo advertiu que a situación epidemiolóxica está «a empeorar» nas últimas semanas, a pesar do cal a situación asistencial nos hospitais segue sendo «relativamente boa», polo que insistiu en pedir «prudencia» e manter «a menor interacción social posible», sobre todo na próxima ponte festiva.

Dependendo de se se mantén a responsabilidade nas medidas de seguridade, hai dous escenarios ben distintos para o Nadal, avisou, o peor dos cales supoñería un empeoramento da situación epidemiolóxica durante todo o mes de decembro e as consecuentes medidas para paliala.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES