jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísA pasteira lusa Altri creará 1.500 empregos en Palas de Rei

A pasteira lusa Altri creará 1.500 empregos en Palas de Rei

A pasteira portuguesa Altri elixiu Palas de Rei para situar a súa planta galega de fibras vexetais. Avanzouno este martes o CEO da compañía, José Soares de Pina, despois de reunirse co presidente da Xunta.

Tras meses de especulacións, a firma revela cal será finalmente a localización dunha factoría que se prevé que cre 1.500 empregos directos, ademais doutro milleiro indirectos. A Xunta e o Parlamento galego encomendáranlle dar «preferencia» á provincia de Lugo na procura de emprazamento e finalmente o concello elixido será o de Palas de Rei.

Esta industria lusa producirá pasta de celulosa soluble para fabricar lyocell a partir de madeira de bosques certificados.

O obxectivo é xerar unhas 200.000 toneladas de pasta soluble e fibras sustentables destinadas a «abastecer ao sector téxtil».

O grupo confía en contar con fondos europeos para un investimento que pasará os 700 millóns. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES