viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísA flota pesqueira galega amarrada, á espera de medidas

A flota pesqueira galega amarrada, á espera de medidas

A flota pesqueira de Galicia parou practicamente toda, ao igual que no resto de España. O encarecemento do combustible é o motivo. Reclaman medidas urxentes no que respecta ás taxas portuarias e nos pagos á Seguridade Social.

O combustible para unha embarcación de pesca viña supoñer entre un 20 e un 30% dos custos. Pero o gasóleo pasou dos 56 céntimos en xaneiro a 1,10 a pasada semana polo que os custos do combustible duplicáronse para as embarcacións pesqueiras que optan por quedar amarradas a espera de medidas .

O sector reclama axudas específicas dentro do fondo europeo de pesca, rebaixas nas taxas portuarias e tamén dos pagos á Seguridade Social. Unha situación que se estende a toda a cadea mar-industria.

O sector conserveiro tamén se ve directamente afectado. Polo menos tres empresas do sector da conserva en Galicia que pecharon a súa actividade. 

Polo de agora a Xunta anunciou a posta en marcha dunha bonificación das taxas portuarias. O ministro de Agricultura e Pesca ten previsto reunirse o mércores cos representantes do sector pesqueiro. Do acordado nese encontro dependerá que o amarre sexa indefinido.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES