jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísA flota de fondo advirte da baixada das capturas polo veto da...

A flota de fondo advirte da baixada das capturas polo veto da UE

 Pesimismo na flota galega pola caída das capturas tras o veto da UE en 87 caladoiros.

 O sector pesqueiro galego está a tratar de adaptarse á nova situación imposta tras a entrada en vigor o pasado 9 de outubro do regulamento europeo que veta a pesca de fondo en 87 caladoiros do Océano Atlántico, o que supuxo unha caída das capturas e fixo que se instale unha sensación de «pesimismo» de cara ao futuro.

Asociacións do sector na Galiza mostraron a súa preocupación sobre a subsistencia das empresas debido a que moitos barcos tiveron que buscar outros caladoiros onde pescar. No entanto, na maioría das ocasións non obteñen alí os mesmos resultados que nas súas zonas tradicionais de traballo.

Así, o presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touza, lamentou como esta nova lexislación suporá unha redución «importante» da rendibilidade das compañías, polo que augurou que se esta situación non se soluciona «pronto» podería acabar nunha redución da frota galega co despezamento de barcos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES