viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísA Área Sanitaria de Vigo supera os 1.000 casos activos en COVID

A Área Sanitaria de Vigo supera os 1.000 casos activos en COVID

Son 5.058 casos activos os que o SERGAS notifica este luns, isto é, 497 máis ca onte.

Todas as áreas sanitarias aumentan nos casos activos con respecto á anterior xornada. A de Vigo conta con 1.058 casos activos, ao sumar 98 en 24 horas. Na comunidade, arestora, son 5.058 galegos e galegas os que teñen a COVID-19.

A presión hospitalaria mantense en 67 persoas ingresadas, das cales 11 están nas UCI polo que, ata agora, o aumento constante de casos activos na comunidade non se reflicte no número de hospitalizacións mais dende Sanidade advirten de que lles preocupa que «máis da metade dos ingresados actualizados nas UCI son igual ou menores de 40 anos», segundo apuntan, e piden «sentido, que o virus segue moi activo».

Por áreas sanitarias:

Vigo: 1.058 (+98)

Ourense: 980 (+157)

A Coruña: 957 (+74)

Pontevedra: 869 (+83)

Santiago: 535 (+51)

Lugo: 467 (+20)

Ferrol: 192 (+14)

Estas cifras non se rexistraban en Galicia dende o pasado mes de marzo.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES