viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO País700 empregos en risco en Stellantis pola crise de microchips

700 empregos en risco en Stellantis pola crise de microchips

No mundo non se fabrican tantos microchips como se demandan e Stellantis Vigo é unha das grande empresas de automoción que o padece pondo en risco 700 empregos. A factoría de Balaídos anuncia o parón sine die da quenda da fin de semana no sistema que monta as furgonetas.

A situación non se normalizará como mínimo até o terceiro trimestre do ano que vén. E, do mesmo xeito que outras factorías de automoción Stellantis Vigo viuse obrigada a suspender unha quenda completa.

Cae o persoal que traballaba a fin de semana noSistema 2, que montaos comerciais lixeiros (furgonetas), e que está composto por uns 700 operarios.

A dirección da planta iniciará nos próximos días un proceso de negociación para determinar a situación desta parte do persoal, composta principalmente por persoas con contratos eventuais ou parciais e, por tanto, non amparada polo Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), como outros traballadores.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES