viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO País6 novos positivos en Galicia vencellados ao gromo das Baleares

6 novos positivos en Galicia vencellados ao gromo das Baleares

A comunidade suma seis novos positivos en COVID-19 que están vencellados ao gromo das viaxes de fin de curso ás Baleares. En total son 108 casos.

Sanidade vén de notificar que seis galegos, que viaxaron ás Baleares polo fin de curso de bacharelato, deron positivo en COVID-19 nas últimas horas. Os datos, que son actualizados co corte do mediodía deste martes, reflicten, así, un total de 108 casos vencellados ao macrogomo.

Dos seis novos contaxios, cinco pertence á Área de Pontevedra e un á de Vigo. Deste xeito, a provincia de Pontevedra conta xa con 95 casos vencellados a este gromo en coronavirus e que afecta, amáis de Galicia, a outras oito Comunidades autónomas.  

Os profesionais e as profesionais do SERGAS desprazáronse ata ao aeroporto de Santiago de Compostela este martes para someter a unha proba PCR ao estudantado que chegaba das Baleares. A participación foi do 100%, segundo Sanidade, e en total realizaronse 86 probas para detectar o virus.

Arestora, o comité clínico que asesora á Xunta na pandemia está reunido co fin de avaliar a situación do gromo na comunidade e para avaliar a situación epidemiolóxica dos concellos.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES