viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO País584.000 vacinas chegarán a Galicia no mes de abril

584.000 vacinas chegarán a Galicia no mes de abril

O presidente, Núñez Feijóo,di que chegarán máis de medio millón de vacinas a Galicia en abril, segundo lle trasladou o Ministerio de Sanidade.

Deste xeito, a comunidade recibirá 312.000 vacinas contra a COVID-19 os primeiros 15 días de abril e na segunda metade do mes recibirá outras 272.000 vacinas. A entrega dos antídotos, de distintas casas farmacéuticas, realizarase semanalmente. Así o dixo o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta de Galicia, quen dixo que «veremos a ver se isto se confirma, aínda que isto é o que se nos traslada logo das reunións bilaterais que mantivemos co Ministerio».

584.000 vacinas contra o virus dobra a todas as xa administradas na actualidade. Ata o de agora, chegaban a Galicia 19.000 doses polo que o ritmo de reparto de antídotos contra o coronavirus acelárase neste cuarto mes do ano.

Preparados para a vacinación masiva

 

O SERGAS pon xa en marcha programas piloto para testar a capacidade da comunidade para realizar vacinacións masivas aos galegos e ás galegas. Hoxe mesmo pola tarde están convocados 1.000 persoas da área de Sanitago na Cidade de Cultura de Compostela e o sábado estenderase este método, logo dos reaxustes necesarios, a todas as áreas sanitarias de Galicia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES