A Axencia Espacial Europea (ESA, polas súas siglas en inglés) está a buscar novos e novas astronautas por primeira vez en 11 anos.

Segundo informa a CNN, as solicitudes ábrense o 31 de marzo e anímase especialmente ás mulleres a postularse, xa que a axencia busca «ampliar a diversidade de xénero nas nosas filas», segundo un comunicado da ESA publicado o luns.

«Para chegar máis lonxe do que nunca o fixemos, temos que mirar máis amplo que nunca», dixo o director xeral da ESA, Jan Wörner, no comunicado.

«Este proceso de contratación é o primeiro paso e agardo ver como a axencia se desenvolve en tódalas áreas de exploración e innovación espacial, cos nosos socios internacionais, nos próximos anos». A axencia está interesada en recibir solicitudes de tódolos sectores da sociedade, segundo David Parker, director de exploración humana e robótica da ESA.

«A diversidad na ESA non só debe abordar a orixe, a idade, os antecedentes ou o xénero dos nosos astronautas, senon tamén quizais as discapacidades físicas», dixo Parker no comunicado. «Para facer realidade este soño, xunto co reclutamento de astronautas, estou a lanzar o Parastronaut Faasibility Project, unha innovación cuxo momento xa chegou».

O período de solicitudes estenderase do 31 de marzo ao 28 de maio no sitio web ESA Career.

Logo, os candidatos e candidatas serán sometidos a un proceso de selección de seis etapas que está programado para finalizar en outubro de 2022, segundo o comunicado.

Os solicitantes que queiran ser astronautas da Axencia Espacial Europea deben ser cidadáns dun estado membro da ESA, estar dentro do rango de altura de 153 a 190 centímetros e falar e ler inglés, segundo o sitio web da ESA.

A axencia require un título universitario, ou equivalente, en ciencias naturais, enxeñería ou medicina, e prefire solicitantes con polo menos tres anos de experiencia profesional nun campo relacionado.

As e os solicitantes deben gozar de boa saúde física e preferiblemente ter entre 27 e 37 anos de idade, segundo o sitio web.

En outubro, a ESA firmou un acordo de colaboración coa NASA destinado a facilitar a exploración sostible da Lúa.

As dúas axencias traballarán xuntas no posto avanzado lunar Artemis Gateway, que actuará como unha estación de paso ao servizo dos astronautas que viaxan desde a Terra antes de que acaden a superficie da Lúa.

¿E ti, es de Tweet?