Feijóo anunciará este mediodía se se amplía o toque de recollida
Actualmente fixado nas 22.00 horas, Feijóo anunciará en rolda de prensa cara as 14.00 horas este mércores se Galicia retrasa o seu toque de recollida ás 23.00 horas, o máis tarde que permite o estado de alarma en España. Igualmente, anunciará se hai ampliación tamén na hostalería.