Comeza este martes a vacinación contra a COVID-19 do profesorado galego.Será a modo de ensaio, o groso dos docentes vacinaranse a partir de mañá. Os que de menos de 55 anos recibirán a vacina de Astrazeneca e os maiores de esa idade, a de Pfizer.

O presidente da Xunta:

O conselleiro de Sanidade:

Vacinación de preto de 55.000 profesores menores de 55 anos de infantil, educación especial, primaria e secundaria esta semana.

A inmunización deste grupo comezou o luns de xeito piloto, pero estenderase a todo o colectivo a partir deste mércores, 24 de febrero. 

A previsión é que a súa vacinación dure ata finais do mes de marzo.

A campaña levarase a cabo nos centros hospitalarios, para non interferir na vacinación das persoas maiores de 80 anos, que se desenvolve nos centros de saúde.

O profesorado está a ser citado por orde alfabética para que os centros educativos poidan continuar coa súa actividade.

A Consellería de Sanidade especifica que este martes se inicia o proceso con algúns docentes pero que o groso irá partir do mércores e durante o resto desta semana.

Os profesores serán citados mediante unha mensaxe SMS e tamén seguindo orde alfabética. Os menores de 55 anos recibirán a vacina de AstraZeneca, e o resto (685) a de Pfizer. 

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, celebrou a nova e salientou que Galicia é unha das primeira comunidades que pon en marcha a inmunización deste colectivo.

 

¿E ti, es de Tweet?