Nos 12 primeiros días transcorridos desde a posta en marcha do Programa de detección do virus SARS-CoV-2 en persoas asintomáticas, as 381 farmacias da provincia de Pontevedra participantes nesta iniciativa incorporaron ao cribado a 25.657 persoas.

 Os datos recompilados ata o momento revelan que, tras analizar no Laboratorio de Microbioloxía da Área Sanitaria de Vigo 20.153 mostras de persoas participantes no cribado, detectáronse 39 positivos, o que supón o 0,2% de positividade. A Área Sanitaria de Vigo é, ata o momento, na que participaron máis persoas, un total de 14.321, e na que se detectou un número máis elevado de positivos en termos absolutos, 27 das 11.426 mostras analizadas no laboratorio. Na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorporáronse ao programa 9.671 participantes, detectándose 11 casos positivos de entre as 7.320 mostras analizadas no laboratorio. As farmacias da provincia de Pontevedra pertencentes á Área Sanitaria de Santiago, menos numerosas que as dos anteriores, incorporaron a 1.665 persoas ao cribado e, das 1.407 mostras analizadas no laboratorio, só se detectou un caso positivo.

 

¿E ti, es de Tweet?