A Policía Autonómica realizou dispositivos de control na provincia de Ourense que deu como resultado 43 denuncias entre o 12 e o 14 de febreiro.

 
Os controis levados a cabo pola Policía Autonómica na provincia de Ourense deu como resultado 216 identificacións e 43 denuncias no Carballiño, Laza, Maceda, Maside, Ourense, Verín e Xinzo de Limia. Séguelle, a provincia de Lugo, que se tramitaron 41 denuncias e identificáronse 102 persoas en 13 dispositivos levados a cabo nos concellos de Guitiriz, Lugo, Sober, Taboada e Vilalba.
 
Os axentes realizaron na provincia da Coruña 18 dispositivos nos concellos de Ames, Boiro, A Coruña, Dumbría, Mazaricos, Porto do Son e Santiago de Compostela, cun total de 25 denuncias e 31 identificacións e na provincia de Pontevedra, nos 37 dispositivos realizados en Cangas, Cerdedo, Cotobade, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Poio, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Sanxenxo e Tui rexistráronse 7 denuncias e identificouse a 254 persoas.
 
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, o aforo e horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

¿E ti, es de Tweet?