Os hostaleiros teñen ata o 12 de marzo para expor o seu QR
A Xunta decide dar máis marxe de tempo a bares, restaurantes e cafeterías para que descarguen o seu código QR e expoñan no acceso ao seu establecemento o aforamento máximo permitido. Amplía o prazo polas dificultades dalgúns hostaleiros para facerse coa cartelería aínda.