Trátase de veciños de Porriño e Mos, de 49 e 58 anos, aos que a Garda Civil lles incautou preto de 80 gramos de cocaína e 420 euros ocultos nun vehículo.

Unha patrulla da Área de Investigación da Garda Civil que se atopaba de servizo observou, nunha rúa da localidade, a dous varóns de mediana idade en actitude sospeitosa sentados no interior dun vehículo. Ao proceder a identificalos e a rexistrar o turismo, atópanse ocultas en distintas partes catro bolsas que contiñan o que despois se comprobou que era cocaína, cun peso de 78´8 gramos, así como 420 euros en billetes e moedas.
Auxiliados por outra patrulla de Seguridade Cidadá da Garda Civil do Porriño, e en colaboración coa Policía Local, procederon á detención dos dous homes, de 49 e 58 anos, veciños de Porriño e Mos, os cales contan cun amplo historial de antecedentes policiais e penais por tráfico de drogas.
Os detidos foron trasladados ata o acuartelamento para a instrución das correspondentes dilixencias, pasando hoxe xoves a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número un do Porriño.

¿E ti, es de Tweet?