O lume iniciouse na chimenea de ferro, propagándose por todo o tellado da casa, situada no lugar do Pazo, en Barcia de Mera, segundo os Bombeiros de Ponteareas

Foi polo tubo da chimenea, que estaba pegado ao falso teito de madeira da casa, o que produciu o incendio na vivenda sobre as 21:00 horas da noite pasada. Un particular pediu axuda ao 112 Galicia, indicando que "lle ardía o tellado da casa, que era de pedra e de madeira e que había moito lume", segundo indican. Ardeu, case por completo, a planta superior. Con todo, non houbo que lamentar danos persoais.

Emerxencias de Galicia informou aos Bombeiros do Porriño e aos de Ponteareas xunto coa Garda Civil e os efectivos de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea. Precisamente, foi o corpo de voluntarios de Protección Civil os que chegaron primeiro ao lugar, socorrendo o incendio, que estivo activo unha hora, segundo informan os Bombeiros de Ponteareas. Tamén axudaron na extinción do incendio, con cubos de auga e mangueiras, os veciños da zona e os donos da vivenda.

Precisamente, a familia, propietaria da casa, estaban reformándoa polo que non era a súa vivenda de residencia habitual.

 

 

 

 

¿E ti, es de Tweet?