A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, sinala as deficiencias do transporte no municipio, que afecta, entre outros, ao alumnado do IES A Sangriña

O Concello do Rosal traslada á Xunta de Galicia as deficiencias no funcionamento da nova concesión do transporte público. Así o di a rexedora, que sinala como principais dificultades a mala combinación de liñas de autobuses, a non adaptación dos horarios que transportan ao alumnado do IES A Sangriña da Guarda. Aínda que se crearon dúas alternativas que dan servizo aos estudantes do instituto da meirande parte do muninicpio, estas non chegan ás parroquias de San Xoán de Tabagón e As Eiras, segundo apunta Fernández. A alcaldesa tamén sinala problemas de transporte que ten a asociación Avelaíña, que axuda a persoas con problemas de saúde mental, no Rosal. 

Dende o Concello, proponse ou ben adaptar ao horario de entrada e saída do instituto algunhas das liñas que cubre a ruta entre Vigo e A Guarda e que pasan por estes barrios ou ben ampliar o percorrido dunha das rutas existentes para cubrir todas as parroquias da localidade. O Concello tamén pon de relevo outros problema ao que se enfronta o alumnado deste centro: debido á pandemia os grupos de bacharelato teñen clase en horario de tarde, polo que se pide que “mentres se manteña a situación sanitaria actual poderían cambiarse o horario destas liñas adaptado á hora de entrada e saída que teñen actualmente”.

Polo de agora, a corporación non tivo resposta da Xunta. Con todo, a alcaldesa conta aquí, en Si Radio, que a empresa da concesión si amosou "unha boa disposición para solventar estas incidencias".

 

¿E ti, es de Tweet?